O ciclo integral da auga constitúe o interese xeral da cidadanía da área metropolitana, sendo ademais a prestación dun servizo obrigatorio para todos os seus concellos.
Dentro deste ciclo destaca a subministración de auga potable, o sistema de saneamento e a posterior depuración de augas residuais.
Posicionamento:
- Ponse de manifesto a necesidade de obter unha auga de calidade e devolvela ao medio tamén con calidade, desde a captación ata a súa depuración
- A subministración de auga aos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada provén do encoro de Cecebre, e concas dos Ríos Mero e Barcés. Abegondo abastécese do seu propio encoro.
- A auga trátase na súa maioría na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva e Cañás.
- Desde a ETAP distribúese en "alta" a todos os concellos nun sistema de abastecemento interconectado e que é necesario dimensionar, estudar modelos hidráulicos e manter en depósitos de gran dimensión.
- Mediante o acordo unánime do Consorcio, realizouse o Plan Estratéxico de Abastecemento da Coruña e todos os concellos subministrados desde Cecebre-ETAP da Telva.
- Durante os últimos anos fóronse desenvolvendo investimentos estratéxicos co fin de executar o devandito plan, adecuándooo ás futuras demandas de cada concello nun horizonte de 50-75 anos.
- Poñeranse a disposición de todos os integrantes a copia e os datos do desenvolvemento do Plan Estratéxico de Abastecemento e cantos estudos ou análises fosen necesarios.
Obxectivos de acción mancomunada
- Estudar e analizar a execución do Plan Estratéxico de Abastecemento
- Garantir a subministración de auga suficiente coa calidade requirida
- Protección das masas de auga
- Estudar e analizar o sistema de saneamento dos concellos. Regulación
- Posición conxunta en investimentos e financiamento
- Obxectivo Directiva Marco da Auga. Seguimento do traballo efectuado no seo da FEGAMP
- Plan de Accións e Normas conxuntas en caso de emerxencias (secas e outros)
- Contribuír á conectividade do encoro con outros espazos naturais da contorna e promover o turismo sostible nestes espazos
- Conseguir vías de financiamento e investigación baseadas noutras experiencias nacionais e internacionais
- Avanzar na xestión en común do servizo de abastecemento da auga.
Plan de acción
Deseño e posta en marcha de accións en tres liñas de actuación:
A) ABASTECEMENTO
- Actualización do Plan Estratéxico. Análise das infraestruturas executadas e infraestruturas para realizar, e especial referencia ao ciclo integral da auga no ámbito rural
- Mantemento e control de infraestruturas
- Proxecto Meirama
B) CALIDADE DAS AUGAS
- Establecemento dunha figura de protección e vixilancia
- Promover accións conxuntas para garantir a calidade das augas, iniciadas con proxectos como "Life"
- Accións coordinadas de participación, educación e comunicación ambiental sobre os valores naturais dos encoros, tanto para a comunidade educativa, poboación local, ou visitantes destes espazos
C) SANEAMENTO
- Desenvolver unha estratexia común para garantir o correcto saneamento, paso previo á correcta depuración de augas e devolución ao medio
- Estudo de necesidades, rede, tanques de tormenta...
- Captación de fondos e proxectos europeos, autonómicos ou estatais
Calendario proposto
- Actualización do Plan Estratéxico. Análise das infraestruturas executadas e infraestruturas para realizar, e especial referencia ao ciclo integral da auga no ámbito rural
- Identificación e inventariado das infraestruturas de auga en alta
Actas
Acta da reunión do 27 de maio de 2016