Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de mayo de 2024

O Concello habilitará pantallas xigantes na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor para seguir en directo os partidos do Basquet Coruna e do RC Deportivo

Ademais, de acordo coa numerosa afluencia de público prevista, o Concello porá en marcha un plan especial de tráfico co obxectivo de facilitar a mobilidade na cidade e garantir a seguridade dos peóns

A alcaldesa avanzou esta mañá que o Concello está a ultimar un dispositivo especial de cara a esta fin de semana, na que o Real Club Deportivo e o Leyma Básquet Coruña disputan senllos partidos nos que contan con posibilidades de rubricar os seus ascensos a Segunda División e Liga ACB, respectivamente.

O venres habilitaranse pantallas xigantes na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor para seguir en directo o partido de baloncesto que medirá o Leyma co Melilla, encontro que se disputará en terras melillenses e comezará ás 21.00 horas. "Queremos facilitar que as persoas que non se poidan desprazar a Melilla poidan desfrutar do partido e, agardamos, o ascenso do Leyma Básquet Coruña á máxima categoría".

En canto ao domingo, o Real Club Deportivo xoga tamén un partido decisivo contra o Barça Atlètic. O Concello habilitará unha pantalla xigante na mesma explanada do Palacio dos Deportes de Riazor para seguir o partido. Ademais, de acordo coa numerosa afluencia de público prevista, arredor de 30.000 persoas dentro do Estadio de Riazor, o Concello porá en marcha un plan especial de tráfico co obxectivo de facilitar a mobilidade na cidade e garantir a seguridade dos peóns. "Será coordinado polas áreas de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Deportes e daremos conta dos detalles concretos nos vindeiros días", explicou a alcaldesa.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión